Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte (500 x 500 px)

Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte

8 e 9 de maio 2026

Vimianzo - Costa da Morte

Da consciencia
á acción

Alza Voz de Muller é un encontro no rural que reúne a mulleres profesionais, emprendedoras e líderes, para falar do que normalmente queda fóra da conversa:

As barreiras invisibles

O custe de liderar sendo muller

A dificultade de sosterse no tempo

A falta de redes e referentes

Porque as mulleres seguimos emprendendo, liderando e traballando nun sistema que non está pensado para nós.

Alza Voz de Muller nace para poñer isto no centro.

Para entendelo. Cuestionalo.

Construír alternativas e transformalo.

Speakers xa confirmadas

Mulleres referentes, que abren camiños, xeran consciencia e cambio. Neste foro queremos visibilizar o poder das mulleres para a transformación social, económica, política e cultural.

Gemma Fillol

Gemma Fillol

Gemma Fillol ten un mantra: se non emocionas, non existes. É autora, conferenciante, mentora e catalizadora de conexións.

Cunha traxectoria de 20 anos no mundo da comunicación estratéxica, afirma que a EMOCIÓN é a pedra angular para conectar na era do ruído dixital.

Gemma impulsa marcas líderes e institucións a expandiren os seus negocios e impacto a través da creación de experiencias e da construción de proxectos que fomentan a comunidade e o liderado circular.

Nuria Varela

Nuria Varela

Nuria Varela é xornalista, escritora e doutora en Dereito Autonómico e Local. Tamén é máster en Políticas Públicas de Igualdade e en Estudos Interdisciplinares de Xénero.

É autora de dez libros, entre eles Feminismo para principiantes, que desde a súa publicación en 2005 foi reeditado e mesmo adaptado a lectura fácil. Seguírono, entre outros, Cansadas, Feminismo 4.0, O síndrome Borgen, Por que as mulleres abandonan a política ou Feminismo urxente, a súa obra máis recente.

Eva Lopez Barrio

Eva López Barrio

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior.

Dende o ano 2006 é responsable do Programa Woman Emprende, sendo a súa área de especialización o acompañamento ás iniciativas empresariais lideradas por mulleres.

Experta en diferentes observatorios organizados pola Unidade de Muller e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Rosa Arcos

Rosa Arcos

Feminista militante do activismo social e do asociacionismo.

Dende o ano 1986 colabora coa organización profesional Unións Agrarias de Galicia, axudando nas labores de información aos afiliados e afiliadas e promovendo a visibilización das mulleres no sector primario.

Promotora e socia fundadora na constitución de FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais), tanto a nivel de Galicia como do Estado. Na actualidade desempeña o cargo de Secretaria Xeral e directora de proxectos de FADEMUR Galicia.

Cecilia Trancón

Cecilia Trancón

Cecilia Trancón Loureiro é enxeñeira superior de Minas, directora xeral de Caolines de Vimianzo (CAVISA) e presidenta da Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Cunha traxectoria de máis de vinte anos no sector mineiro e industrial, desenvolveu responsabilidades técnicas e directivas en explotacións mineiras e plantas industriais, liderando proxectos vencellados á produción, sustentabilidade e relación co territorio.

Desde o rural galego defende unha industria responsable e tecnicamente rigorosa como motor de emprego, oportunidades e futuro para as mulleres.

María Mira

María Mira é Analista de Xestión Financeira certificada MFIA (Máster en Mercados Financeiros e Investimentos Alternativos) en Estratexias de Investimento, onde dende 2018 elabora informes detallados de compañías cotizadas nos principais mercados bolsistas mundiais, calculando ratios financeiros clave e formulando recomendacións de investimento baseadas na análise exhaustiva de balances e perspectivas empresariais.

Representa a combinación ideal entre análise técnica profunda e docencia práctica en finanzas. O seu enfoque aplicado á análise de cotizadas e á creación de ferramentas dixitais sitúaa como referente na xestión de investimentos.

Nuria Robleño

Nuria Robleño

Nuria Robleño é creativa e emprendedora. O seu traballo céntrase en axudar ás marcas a comunicar mellor, abarcando todo o proceso: dende a estratexia ata a execución, incluíndo a creación de contidos, o deseño de eventos e o desenvolvemento de experiencias, sempre dende unha marcada sensibilidade estética.

O seu enfoque pon o acento na construción de proxectos con intención, guiados pola intuición e unha mirada que cuestiona o establecido. Defende unha forma de facer máis creativa, valente e coherente coa identidade de cada proxecto, apostando por arriscar, experimentar e afastarse dos camiños tradicionais.

Aos seus 28 anos, fundou diversas iniciativas e actualmente lidera tres proxectos no ámbito creativo e experiencial: Pa Eso Estamos, Apetito e Always Open.

Lorena Añón

Lorena Añón

Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar da Universidade de Santiago de Compostela.

Profesora Permanente Laboral do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía.

Ten experiencia profesional como traballadora social en intervención con grupos en situación de risco e/ou exclusión social, mulleres e violencia machista. Obtivo varios recoñecementos académicos e profesionais —introdución á perspectiva de xénero na docencia, investigación en traballo social—.

Participa en proxectos internacionais e nacionais e posúe experiencia formativa en universidades de América Latina, Asia e Europa.

Patricia Vilán

Patricia Vilán

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago, preparou oposicións á carreira xudicial e fiscal.

Colexiada do Colexio da Avogacía de Pontevedra desde o ano 2000, actualmente non exercente.

Autora de diversas publicacións xurídicas na “Revista Xurídica Galega”.

Colaboradora en diversos medios xornalísticos galegos.

Parlamentaria autonómica desde 2012 a 2020, foi a primeira muller voceira do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia.

Na actualidade e desde xaneiro de 2024, Secretaria Xeral da “Federación Galega de Municipios e Provincias”, tamén a primeira muller neste posto.

María Mira

María Mira é Analista de Xestión Financeira certificada MFIA (Máster en Mercados Financeiros e Investimentos Alternativos) en Estratexias de Investimento, onde dende 2018 elabora informes detallados de compañías cotizadas nos principais mercados bolsistas mundiais, calculando ratios financeiros clave e formulando recomendacións de investimento baseadas na análise exhaustiva de balances e perspectivas empresariais.

Representa a combinación ideal entre análise técnica profunda e docencia práctica en finanzas. O seu enfoque aplicado á análise de cotizadas e á creación de ferramentas dixitais sitúaa como referente na xestión de investimentos.

Nuria Robleño

Nuria Robleño

Nuria Robleño é creativa e emprendedora. O seu traballo céntrase en axudar ás marcas a comunicar mellor, abarcando todo o proceso: dende a estratexia ata a execución, incluíndo a creación de contidos, o deseño de eventos e o desenvolvemento de experiencias, sempre dende unha marcada sensibilidade estética.

O seu enfoque pon o acento na construción de proxectos con intención, guiados pola intuición e unha mirada que cuestiona o establecido. Defende unha forma de facer máis creativa, valente e coherente coa identidade de cada proxecto, apostando por arriscar, experimentar e afastarse dos camiños tradicionais.

Aos seus 28 anos, fundou diversas iniciativas e actualmente lidera tres proxectos no ámbito creativo e experiencial: Pa Eso Estamos, Apetito e Always Open.

Lorena Añón

Lorena Añón

Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar da Universidade de Santiago de Compostela.

Profesora Permanente Laboral do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía.

Ten experiencia profesional como traballadora social en intervención con grupos en situación de risco e/ou exclusión social, mulleres e violencia machista. Obtivo varios recoñecementos académicos e profesionais —introdución á perspectiva de xénero na docencia, investigación en traballo social—.

Participa en proxectos internacionais e nacionais e posúe experiencia formativa en universidades de América Latina, Asia e Europa.

Por que é necesario un espazo así?

Porque o problema non é individual.

Non é falta de talento ou capacidade. 
Non é falta de esforzo.

É unha cuestión estrutural.

As mulleres seguimos:

  • Accedendo a menos oportunidades
  • Sostendo máis carga mental e de coidados
  • Tendo menos visibilidade e recoñecemento

Alza Voz de Muller nace para poñer nome a todo isto.
E para pasar da consciencia á acción.

Este espazo é para tí se…

  • Estás sostendo moito… pero sentes que avanzas pouco
  • Tes un proxecto ou carreira que queres impulsar
  • Estás cansa de facelo todo soa
  • Sentes que hai algo estrutural que te está freando
  • Queres falar de cartos, poder e ambición sen culpa
  • Buscas rede, referentes e claridade

Se te recoñeces nalgo disto, este espazo é para ti.

Reserva a túa praza, ¡únete!

Da consciencia á acción

Este ano Alza Voz de Muller dá un paso máis. Baixo o lema «Da consciencia á acción para liderar, emprender e transformar desde o rural«, propoñemos un encontro que non se queda na reflexión.

Un espazo para:

Entender o que pasa

Cuestionar o que damos por feito

Activar cambios reais

Porque a consciencia, por sí soa, non transforma nada.

Dous días para pasar á acción

Poñencias que poñen palabras ao que nos pasa

Mesas de diálogo con experiencias reais

Talleres prácticos para tomar decisións

Rede de mulleres coas mesmas inquedanzas ca tí

O que vai pasar en Alza Voz de Muller 2026 non está pensado para escoitar e marchar igual. Está deseñado coma un percorrido:

  • Primeiro: entender
  • Despois: cuestionar
  • E finalmente: actuar

Dous días onde a reflexión convive coa experiencia e onde cada muller pode atopar o seu propio punto de cambio.

"Rodéate de mulleres que dirían o teu nome nun lugar cheo de oportunidades"

Forma parte do movemento

Súmate. Alza a túa voz.
Porque isto non vai de mirar… vai de formar parte.

Axenda

Durante dúas intensas xornadas desmontaremos mitos e barreiras culturais, fomentaremos conversas sobre diñeiro, poder, éxito e liderado. Xeraremos alianzas, redes de apoio e proxectos conxuntos.

Venres, 8 de maio

Entrega de materiais e kit de benvida ás asistentes. Espazo de networking inicial.

Benvida da alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez,  e presentación do evento.

  • ·Mónica Rodríguez Ordóñez. Alcaldesa do Concello de Vimianzo
  • Julio E. Abalde Alonso. Subdelegado do Goberno en A Coruña.
  • María Quintiana Pérez. Directora Xeral de Promoción da Igualdade.
  • Rosa Ana García López. Deputada Provincial da Deputación da Coruña.
  • Lorena Añón Loureiro. Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar

Cando o cansazo non é individual, senón consecuencia dun sistema que sostén desigualdades invisibles. Unha mirada crítica e transformadora sobre a sobrecarga, os coidados e a vida das mulleres.

Liderar en espazos que non foron pensados para nós: como se chega, como se resiste e que cambia cando estás.

  • Cecilia Trancón. CEO Cavisa, Caolines de Vimianzo
  • Lorena Añón. Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar da USC
  • María Mira. Analista de Xestión Financeira certificada MFIA

Poñer en valor o emprendemento feminino no rural, visibilizando tanto as oportunidades como as barreiras estruturais ás que se enfrontan as mulleres. A cargo das emprendedoras do rural:

  • Helena San Mamede. Economista e socia fundadora de 50pés consultoras
  • Candela Martínez. Nutricionista xinecolóxica de Sabe que alimenta
  • Elena Enjamio. Coordinadora dos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia

Sábado, 9 de maio

Reflexionar sobre a participación política das mulleres e os desafíos específicos que afrontan no espazo público.

  • Belén do Campo. Delegada provincial da Xunta de Galicia
  • Patricia Iglesias. Parlamentaria do Grupo Socialista en Galicia
  • Mercedes Queixas. Deputada do Parlamento de Galicia polo BNG

Recupera a túa conexión na era da máxima distracción. Liderado resiliente na era da máxima distracción.

A moitas mulleres ensináronnos a non ocupar espazo. Esta ponencia aborda o medo á exposición, e a importancia da visibilidade e da comunicación no emprendemento.

Unha análise sobre os obstáculos estruturais que condicionan as oportunidades profesionais e empresariais das mulleres.

  • Eva López Barrio. Responsable do Programa Woman Emprende.
  • Rosa Arcos. Promotora e social fundadora de FADEMUR
  • Patricia Vilán. Secretaria Xeral da FEGAMP

Podes seleccionar na túa inscrición cal é o taller no que che gustaría participar:

  • Da idea á acción: empezar sen permiso. Liderado por Nuria Robleño. Para mulleres emprendedoras en etapa inicial ou con proxecto en mente que ainda non deron o paso. Un espazo practico para desmontar o perfeccionismo e o medo ao xuizo, e comezar a actuar dende onde estas. Ferramentas concretas de accion inmediata para dar ese primeiro paso sen esperar o momento perfecto.
  • Sosterse sen romper: Sostibilidade, cartos e enerxía. Liderado por Gemma Fillol. Para emprendedoras con proxecto en marcha que senten sobrecarga ou dificultades para sosterse no tempo. Como xestionar a enerxia, o dineiro e o tempo sen sacrificar o benestar. Ferramentas de sostenibilidade persoal e financeira para construir un proxecto que dure e que non te esgote.
  • Liderar a túa carreira: decisión, límites e poder persoal. Liderado por Eva López. Para profesionais e directivas que queren reforzar o seu liderado e tomar decisions estratexicas dende a autenticidade. Como liderar dende os propios valores, poner limites sen culpa e construir autoridade persoal en entornos que non sempre nos facilitan o camino. Para quen quer tomar as rendas da sua carreira con claridade e intención.

Pasar da inspiración á acción colectiva: tecer alianzas, compartir recursos e construír comunidade entre mulleres.

  • Manuela Gómez. Representante de Executivas de Galicia
  • Rosa Arcos. Representante de FADEMUR
  • Eva López Barrio. Responsable de Woman Emprende
  • Beatriz Gallart. Representante de Todas Nós.

Organización

Este evento pode realizarse grazas á colaboración de diferentes entidades que decidiron apoiarnos e facelo posible. Queres colaborar? Contáctanos!

Alza Voz de Muller Organizacion